Que é o software libre?
O software libre está formado por aqueles programas que teñen unha licenza que dá a todos aqueles que reciban unha copia do programa as seguintes liberdades:
liberdade para executar o programa, con calquera propósito;
liberdade para estudiar o seu funcionamento e adaptalo ás túas necesidades; unha condición a priori para isto é ter acceso ao código fonte;
liberdade para redistribuír copias e así poder axudar ao veciño;
liberdade para mellorar o programa e publicar as melloras, beneficiándose así toda a comunidade. Tamén é condición a priori para isto ter acceso ao código fonte.
Facendo un simil coa vida cotiá, poderiamos decir que o
software libre é como unha receita de cociña:
Todo o
mundo pode vela, usala, e mellorala se quere.
Tal vez o
nome máis representativo software libre
sexa "Linux", aínda que a día que hoxe hai
outros moitos programas informáticos coñecidos:
-Firefox
(navegador web)
-Openoffice.org (suite ofimática)
Todos
estes programas (que se contan por milleiros), soen agruparse de
xeito que poidamos facer uso deles, a través do que se
denominan as distribucións de software libre; como exemplo, a
distribución que estamos a usar Ubuntu que podemos descargar
de xeito gratuito dende:
http://www.ubuntu.com/
Existen
outras distribucions como Debian ou Red-hat
etc...
Usando
o software libre no noso computador.
Fai anos
(tal vez non demasiados) o uso do software libre era complicado e
podiase decir que so era apto para "gurús" da
informática.
Falar de "Linux" (GNU/Linux) era
sinónimo de dificultade, de contornos en modo texto e de
programas que había que poñer a funcionar "compilando
a man".
Nestes intres todo iso cambiuo. O software libre
transformouse nunha ferramenta de uso común, e tan sinxela ou
complicada como calquer outro sistema operativo.
A mostra
está en que xa estamos a manexar unha distribución de
software libre sen tela visto antes.
Que
fai interesante o uso de software libre?
Enfocaremos esta pregunta den o punto de vista dunha persoa
usuaria de computadora.
- O software libre non ten virus: a
diferenza de outro software coñecido, o software libre baseado
en Linux, non ten virus.
-E máis estabel que outros
sistemas operativos.
-É gratis: a gran maioría das
aplicacións de software libre son gratuitas, xa que as
empresas que se adican a este tipo de software adican a súa
actividade económica ao soporte e formación, e non ao
cobro de licenzas.
-Podes acceder a milleiros de programas: cando
chega unha computadora nova ás nosas mans dende a tenda,
xeralmente o software que trae é moi pouco. Engadirlle
software soe significar facer un desenvolso económico
importante para poder acceder a esos programas. Usando software libre
non terás este problema. Poderás acceder de xeito
totalmente gratuito a procesadores de texto, navegadores Web,
editores de imaxe, mensaxería instantanea, reproductores de
música, lectores, editores e creadores de PDF etc...
Un
exemplo desto é o seguinte cadro:
|
Comercial |
Código Aberto |
Existe en Windows? |
|---|---|---|
|
Adobe Illustrator (~$500) |
Inkscape |
Sí |
|
Adobe InDesign (~$700) |
Scribus |
Sí |
|
Adobe Photoshop (~$600) |
The GIMP |
Sí |
|
Adobe Premiere (~$800) |
Kino, Cinerella |
Non |
|
Adobe Reader (free) |
Evince, Kpdf, GV |
Non |
|
Apple iTunes (free) |
AmaroK, Rhythmbox, Banshee |
Non |
|
Autodesk 3ds Max (~$3500) |
Blender |
Sí |
|
Autodesk Maya (~$7000) |
Blender |
Sí |
|
Kazaa (free) |
aMule, eMule |
Sí |
|
Microsoft Excel (~$200) |
OpenOffice Spreadsheet |
Sí |
|
Microsoft Internet Explorer (free) |
Firefox, Konqueror |
Sí |
|
Microsoft Office (~$400) |
OpenOffice |
Sí |
|
Microsoft Outlook (free) |
Thunderbird, Evolution, KMail |
Sí |
|
Microsoft Powerpoint (~$200) |
OpenOffice Presentation |
Sí |
|
Microsoft Windows Media Player (free) |
Mplayer, VLC, Totem, Kaffeine, Xine |
Sí |
|
Microsoft Word (~$200) |
OpenOffice Word Processor |
Sí |
|
MSN Messenger (free) |
Pidgin, Kopete, aMSN |
Sí |
|
Nero (~$100) |
K3b, Gnomebaker |
Non |
|
Palm Desktop (free) |
Gnome-Pilot, KPilot |
Non |
|
Quark XPress (~$800) |
Scribus |
Sí |
|
QuickTime Player (free) |
Mplayer, VLC, Totem, Kaffeine, Xine |
Sí |
|
Winamp (free) |
AmaroK, Rhythmbox, Banshee |
Non |
-Permiteche reciclar computadoras que se consideran
"obsoletas" a día de hoxe.
-Podes telo no teu
idioma.
Enderezos de interese:
http://mancomun.org/ Iniciativa galaega polo software libre, dependente da consellería de Industria
http://www.linux-galicia.org/ Anel de grupos galegos relacionados co software libre.
http://www.gnu.org/philosophy/philosophy.gl.html Páxina de asociación GNU
http://www.fsf.org/ Páxina da Free Software Fundation
http://www.linux.org/ Páxina de Linux
http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada Unha enciclopedia libre e gratuita
http://www.mozilla.org/ Páxina de mozilla, onde poderás atopar o navegador Firefox e o xestor de correo Thunderbird.
http://www.openoffice.org/
Páxina web da plataforma ofimática Openoffice.
Existen moitas outras páxinas e enderezos de intererese na rede.
So hai
que teclear "software libre" ou "linux " en Google (que por certo
tamén
usa software libre para funcionar) e obteremos milleiros de
páxinas con
información.
Software específico para as entidades:
Vista:
-Brltty: permite conectar e usar u teclado braile ao porto serie e usalo http://mielke.cc/brltty/index.html
-Festival: sintetizador de voz que reproduce textos que aparecen na pantalla. http://www.cstr.ed.ac.uk/projects/festival/
-Gnome-Speech: librería que facilita a programación
de software baseado en Gnome con funcións para producir voz
a partir de texto
http://www.escomposlinux.org/lfs-es/blfs-es-SVN/gnome/gnome-speech.html
-Gnopernicus: conxunto de utilidads composto por: ampliadora de lupa, pantalla con voz mediante Festival e uso de teclado braile. http://www.baum.ro/gnopernicus.html
-Screader: sintetizador de voz que reproduce o texto e os caracteres especiais que aparecen na consola. http://leb.net/pub/blinux/screader/
-Xzoom: lupa de aumento
http://linux.about.com/cs/linux101/g/xzoom.htm
Mobilidade:
-Dasher: permite sustituir a escritura do teclado por movementos do rato: http://www.inference.phy.cam.ac.uk/dasher/
-Gok: teclado virtual que controla as funcións das aplicacións de Gnome, insertar caracteres especiais ou escribir documentos de texto co rato. http://www.gok.ca/
-Xvoice: Recoñece a voz e permite tanto realizar dictados como controlar agunhas aplicacións do servidor gráfico mediante a voz. http://xvoice.sourceforge.net/
-OpenMindSpeech: aplicación de recoñecemento de voz que pretende ser compatíbel
Distribucións Linux:
-Lazarux: Distribución GNU/Linux adaptada ás necesidades informáticas de persoas con deficiencias visuais.
http://www.grupomads.org/download/
-Oralux: outra distribución adaptada a persoas con deficiencias visuais.
http://www.oralux.org/index.php